Comprestelas

Dueño: Proxecto Xerminando
Categoría: Outros
Precio: 8,00 Sb

Compresas de tela feitas en Santiago de Compostela!
Totalemente a partir de materiais rescatados! Pódense facer cunha camiseta túa que che gusta moito pero que non pos polo que sexa ou a escoller entre o noso banco de teas.

Férvense antes de usar por primeira vez e despois pódense lavar na lavadora con auga fría.

Son totalmente personalizables para que de verdade séxan útiles e cubran as túas necesidades. Variarán os prezos según sexan para o día, ou para a noite, salvaeslips, adaptables a todo tipo de roupa interior, coma tangas (incluindo calzoncillos para quen empregue). O prezo pode ser combinable con euros ou con troca.

Dende Proxecto Xerminando promovemos a troca polo que ofrecemos tamén ésta opción. Troca por materiais ou outros produtos/servizos que nos veñan ben (colocarémonos nos anuncios de "demandas").

Para ter a conciencia tranquila cos nosos valores tan radicais co Impacto Zero, non facemos envios. Pero sempre atopamos un "autoestop" para os nosos produtos con alguén que vaia facer ese traxecto.
Para o cal podemos pechar o círculo e atopar a alguén a quen poder pagarlle en Sabias como agradecemento polo transporte.

Podes contactar para calquera dúbida/suxerencia.